CLUB DE CIENCIA

jueves, 27 de abril de 2017

Como se grabou A Pingueira de abril de 2017?

Como xa sabedes A Pingueira pasou de ser un xornal a radio dende fai un par de meses. Por elo, queríamos que vexades como grabamos normalmente os podcast (arquivos de audio) para a nosa radio escolar "A Pinqueira" na aula da Ludoteca (principalmente pola súa ubicación xa que se reduce o son externo). 
Os pasos que seguimos son: primeiro facemos un guión das novas do mes, logo repartimos cada unha das partes entre todos e todas e facemos pequenos ensaios e finalmente utilizamos a tablet para grabar cunha aplicación para tal fin e incluso pomos efectos sonoros de telexornal e aplausos. Non sempre, pero tamén utilizamos ás veces micros de solapa. En nada teredes as novas do mes de abril. Estade atentos/as á parte principal da páxina onde ímos publicando os avances. 







No hay comentarios:

Publicar un comentario