CLUB DE CIENCIA

miércoles, 24 de abril de 2024

PATIOS DINÁMICOS NO COLE,CURSO 23/24,XOGOS,Emociónate,BREAKOUT EDUCATIVO


 No noso cole 
xogamos aprendendo e aprendemos xogando, 
e para iso ,diversificamos  os períodos de lecer e as posibilidades de xogo para todos, sobretodo atendendo á diversidade, algo que nos enriquece a todos e a todas.

Hoxe probamos  o circuito de rodas cos seus sinais, tuneis e todo o necesario para facer deste espazo un xogo de aprendizaxe e diversión



martes, 23 de abril de 2024

Biblioteca de tololeo,DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA,DIA DO LIBRO,EXPOSICIONS,PATIOS DINÁMICOS NO COLE,COLABORACIÓNS,CURSO 23/24,BIBLIOTECA CREATIVA,

 23 DE ABRIL...

POLO DÍA DO LIBRO...

ACTIVIDADES DA SEMANA...

Comezamos coa Feira do libro na que o noso alumnado intercambiou libros durante toda a mañá. 

A cambio dun libro ou varios e cun ticket que se lle entregaba , puideron escoller o conto que mais lles apetecía para levar.

Asemade puideron escoller un marcapáxinas, ver unha exposición privada de marcapáxinas, e como non disfrutar dunha xornada de lectura extra. 

No patio de lecer instalamos colchonetas, tipis, céspedes e uns carritos e expositores con libros, revistas, xornais para que todo aquel que quixera puidera baixar a ler un ratiño só ou en compañía.

PROMOVENDO A LECTURA DENDE A BIBLIOTECA DE TOLOLEO



Pero non so iso... O CERTAME DE POESÍA , NARRACIÓN E TEATRO está en marcha .. e xa hoxe polos  corredores o alumnado do terceiro ciclo e o de infantil intercambiaron actividades, contacontos, dramatizacións e unhas preguntiñas moi curiosas sobre a celebración deste día e o libro do INGENIOSO HIDALGO DON QUIJOTE DE LA MANCHA, que os nenos e nenas de infantil diso saben un rato.

Seguiremos coas actividades ao longo da semana.






lunes, 22 de abril de 2024

CLUB DE CIENCIA,POLOS CREATIVOS,CURSO 23/24,BIBLIOTECA CREATIVA,DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA,


AULA DE POLOS CREATIVOS

 En cuarto de primaria ,con José Antonio, están a traballas as máquinas simples e complexas.

 Co gallo disto, todos os nenos e nenas de segundo ciclo aplicaron os seus coñecementos matemáticos para construir poleas, rampas ou planos inclinados, palancas e rodas, co seu correspondente proceso de ensaio-erro.

Aqui vedes os resultados!

Ademáis de pasalo ben, algo aprenderon!



miércoles, 17 de abril de 2024

RADIO A PINGUEIRA,Radio na Biblio,CURSO 23/24,DIA DO LIBRO,DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA,Biblioteca de tololeo,

 Emisión Radio Pingueira 

Polo día do libro os nenos e nenas de terceiro deixannos este podcast no que falan da celebración desta data tan importante e ademáis deixannos pinceladas sobre a historia do libro de de as súas orixes.





martes, 16 de abril de 2024

DIA DO LIBRO,DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA,Biblioteca de tololeo,TEATRO,POESIA,CONTACONTOS,VOLUNTARIADO,CURSO 23/24,EXPOSICIONS,

 Semana de celebración, 

Polo día do libro,

Do 22 ao 26 de abril!


Intercambio de libros durante a semana na entrada do colexio.

Para poder intercambiar deberedes traer un libro do que non vos importe desprendervos e poderedes cambialo por outro que atopedes nas mesas que estarán  na entrada.l

O libro que traiades , na semana do 15 ao 19, entregádeo á vosa/o titor/a e eles vós darán un ticket para poder coller outro que queirades


Se durante a semana o ledes e queredes volver a intercambiar  por outro seguiredes o mesmo proceso.

Importante, os libros que entreguedes  pasan a ser opcionais para todos

II Certame de poesía,  teatro  e narración oral

Cada grupos de nenos e nenas contribuirá con unha ou varias actuacions que representarán ao resto do alumnado, previsiblemente nos días 25 e 26 de abril.


Durante toda a semana haberá recunchos de lectura por todo o cole, aproveitaos para disfrutar da lectura

FELIZ DÍA DO LIBRO!!

 



XORNAL O FISCAÍÑO,XORNAL ESCOLAR,CURSO 23/24,DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA,Biblioteca de tololeo,BIBLIOTECA CREATIVA,

A edición de abril xa está saíndo...


Índice 




Sección nacional
Sección internacional 
Os nosos proxectos 
Artigos científicos e de opinión 
Entrevistas 






Pasatempos. Otempo. Aniversarios. 









viernes, 12 de abril de 2024

RADIO A PINGUEIRA,Radio na Biblio,CURSO 23/24,EDUCACIÓN INFANTIL,COLABORACIÓNS,musica no cole,

 Emisión Radio Pingueira 

Canción dos cociñeiriños con educación infantil.



Dentro do seu proxecto de minichefs @s máis cativos do cole subiron á nosa Radio a cantar a súa canción.

E que simpatic@s e que ben o fixeron!